Filetes de contra de Tenreira - Asgafon
Filetes de contra de Tenreira - Asgafon
Filetes de contra de Tenreira - Asgafon
Filetes de contra de Tenreira - Asgafon
Filetes de contra de Tenreira - Asgafon
Filetes de contra de Tenreira - Asgafon

Filetes de contra de Tenreira - Asgafon

Os filetes de Tenreira Galega Suprema de Asgafon son inconfundibles e moi recomendables para gozar dunha carne de tenreira saudable e natural. Son tan zumarentos e tenros que os máis pequenos da casa comerán carne encantados.

  • Cría tradicional: animais en liberdade e alimentados de forma natural.
  • Sabor suave, non fan bólas.
  • Envasados ao baleiro en bolsas aptas para conxelar.
Tipo de corte
Tipo de envasado
18,00 €
IVE incluido

Descrición

Seleccionados da zona da cadeira, babilla, contra ou tapa, estes filetes de Tenreira Galega Suprema son pezas magras e limpas, sen nervios.

Unha carne exquisita que procede de tenreiros que se crían en liberdade e aliméntanse de forma natural nos montes de A Fonsagrada. Esta cría tradicional ten como resultado unha carne na que a graxa está infiltrada e non acumulada, o que lle achega un excelente sabor.

A certificación de Tenreira Galega Suprema garante que a carne fresca de tenreira procede de animais de entre 8 e 10 meses de idade, nados e criados en Galicia.

Enviamos os filetes de tenreira envasados ao baleiro, polo que, sen abrilos, aguantan na neveira durante uns días. Pero se non os vas consumir nos días posteriores a recibir o teu pedido, pódelos conxelar tal cal os enviamos.

Recibirás o teu pedido en transporte refrixerado, con temperatura controlada en todo momento, para garantir que estes filetes de tenreira chegan á túa mesa nunhas condicións óptimas.

Os socios e as socias de Asgafon teñen as súas explotacións gandeiras nos montes de A Fonsagrada. Son familias que desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento da zona e para o mantemento dun rural vivo e cheo de oportunidades.

Detalles do produto

10001016
94 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.