A carne picada de tenreira serve para tantas elaboracións que é un básico imprescindible en calquera cociña: boloñesa, lasaña, albóndegas, filetes rusos, hamburguesas, etc.
Ao ser un ingrediente básico en todas estas receitas, a súa calidade e sabor é determinante no resultado final. A carne picada de Asgafon é unha garantía de saúde e de sabor na cociña familiar.
Envíase envasada ao baleiro en bolsas herméticas aptas para conxelar, polo que pedir sempre un pouco máis é unha boa opción para ter un recurso rápido no conxelador.
Carne picada con selo de Tenreira Galega Suprema. Esta Indicación Xeográfica Protexida está recoñecida pola Unión Europea e garante que a carne comercializada baixo o seu selo é exclusivamente de tenreiros nados, criados e sacrificados en Galicia.
Este produto envíase sempre en transporte refrixerado, de forma que chega ao teu domicilio nunhas condicións óptimas para o seu consumo.
Esta carne procede da Asociación de Gandeiros de A Fonsagrada, formada por máis de 200 familias que traballan e viven nesta zona.
Calificación Comentarios (0)