Callos de Tenreira - A Carqueixa

Callos de Tenreira - A Carqueixa

Cortes do estómago e da pata da tenreira, limpos e listos para cociñar. Envío envasado ao baleiro para a súa correcta conservación ou a súa conxelación. Certificados Tenreira Galega Suprema.

  • Estómago
  • Pata
Tipo de envasado
4,90 €
IVE incluido

Descrición

Os callos son un guiso típico da gastronomía española. Prepáranse con cortes de carne das patas e do estómago da tenreira. Ademais, pode engadírselle chourizo, garavanzos e outros ingredientes, pero é imprescindible o sazonado con especias coma o pemento doce, caiena, comiño ou pementa negra.

Os callos envíanse limpos e partidos. Aínda que se poden cociñar directamente, é recomendable lavalos antes con auga quente e un chorro de vinagre.

Recibirás o teu pedido de callos envasados ao baleiro nunha bolsa hermética que permite conservalos frescos durante varios días ou ben conxelalos directamente nese mesmo envase.

En A Carqueixa utilizan para o seu combinado de callos (pata e estómago), carne da máis alta calidade: Tenreira Galega Suprema certificada. Este selo garante que procede de animais que se crían en liberdade e aliméntanse de forma natural.

O envío deste produto faise en transporte refrixerado, garantindo sempre a súa conservación e que chegue ao teu domicilio en condicións óptimas.

Este produto procede da comarca de Os Ancares, onde os máis de 200 cooperativistas que forman parte da Carqueixa, crían os seus animais nos montes de Cervantes e Navia de Suarna.

Detalles de producto

10001018
99 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.