Filetes de tapa de Tenreira - Asgafon
Filetes de tapa de Tenreira - Asgafon
Filetes de tapa de Tenreira - Asgafon
Filetes de tapa de Tenreira - Asgafon

Filetes de tapa de Tenreira - Asgafon

Unha bolsa de 1 kg.

Os filetes de Tapa úsanse para cociñar á prancha ou para fritir. Tamén se pode facer escalope para rebozar. 

18,00 €
IVE incluido

Descrición

Os filetes de Tapa son carne de categoría A, procedentes dun corte de carne da cara interna da pata. É unha zona da que se obtén unha carne tenra e magra. A pouca presenza de graxa e nervios fan dos filetes de tapa un dos cortes máis indicados para a prancha ou a tixola.

A nosa carne procede de animais criados en réxime extensivo, é dicir, ao aire libre e en liberdade, na comarca de A Fonsagrada; e garantizada, ademais, co selo de calidade de carne de Tenreira Galega Suprema. 

Os filetes de tapa envíanse envasados ao vacío e en transporte refrixerado coa temperatura controlada, cumprindo todos os estándares de seguridade. Ademais, se cando che chegue o pedido queres conxelar os filetes, podes facelo directamente sen abrir a bolsa.  

En Son de Lugo esforzámonos por levar a calidade da nosa carne da Fonsagrada a calquera rincón da Península!

Detalles do produto

10001020
92 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.