Lista de produtos da marca Embutidos Suarna

Embutidos suarna

Coma os de toda a vida

SOBRE NÓS

    "Semella que nos estás vendendo Navia de Suarna en lugar de vendernos embutidos", dixéronlle unha vez a Mari Carmen Sánchez, propietaria de Embutidos Suarna. Noutra feira, tamén lle confesaron que o recendo do seu posto transportaba ás cociñas das casas das avoas. Ela quixo gardar estas frases, e definirse con elas. Os seus produtos están vencellados ao territorio, tanto é así que a súa empresa foi a primeira en comercializar o embutido por excelencia do municipio, a androlla.

    A historia comezou hai máis de vinte anos, cando botou a andar a festa de exaltación deste produto no concello. Mari e o seu home, Hortensio Díaz Robledo, fixeran 50 unidades para vendelas, aproveitando o escaparate do seu supermercado no centro da vila. Parecíalles moito, pero o ano seguinte esgotaron as 300 xa antes do día da feira. Vista a demanda e as necesidades familiares, preguntáronse que por que non montar un obradoiro.

     Embutidos Suarna fixo da androlla un produto non estacional, senón para todo o ano. Dos seus secadoiros tamén penden butelos da Montaña, anoados no estómago, e pigureiros, embutidos no cego. Chourizos, lomo, cecina, lingua ou panceta viñeron sumarse á oferta, toda ela certificada coa Carta de Artesanos nunha fábrica que tamén dispón do título de Taller Artesanal. Son cinco mulleres da zona as que traballan nela baixo a dirección de Mari, que continuou coa empresa logo do falecemento do seu home. Non se ve o fume de carballo no embutido, pero é esencial para darlle sabor. Así tamén o é a comarca, a conciliación, a forza e a superación. De todos eses ingredientes tamén están feitos os Embutidos Suarna.

OS NOSOS PRODUTOS

Embutidos

Chourizo curado artesanal - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012006
7,75 €
Chourizos elaborados nos Ancares de forma artesanal e con carne de porco de altísima calidade por Embutidos Suarna.Chourizos curados de elaboración artesanal.Categoría Extra, as mellores carnes de porco seleccionadas.Bolsa ao baleiro de 4/5 unidades.
Embutidos

Androlla artesá - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012005
10,95 €
A androlla é un embutido tradicional da provincia de Lugo, pero sen dúbida, se hai unha androlla artesá por excelencia, esa é a androlla de Navia de Suarna. Elaborada de forma artesanal e con ingredientes de primeira calidade. Afumada seguindo o método tradicional, con leña de carballo. Elaborada con carne de porco, pemento, sal, ourego e allo. Peso...
Embutidos

Chourizo curado artesanal picante - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012004
7,75 €
Un chourizo artesanal cun toque picante que sabe conservar o sabor da tradición e do embutido auténtico. Elaborado no taller artesanal de Embutidos Suarna, en Navia de Suarna. Condimentado con pemento picante para darlle un extra de sabor. Bolsa envasada ao baleiro de 4/5 unidades.
Lombo embuchado artesán -... Lombo embuchado artesán -... 2
Produto dispoñible con diferentes opcións
Embutidos

Lombo embuchado artesán - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012003
11,00 €
O lombo embuchado artesanal de Embutidos Suarna ten todo o sabor do respecto á tradición e a unha forma de elaboración natural. Carne de cana do lombo do porco seleccionada pola súa calidade. Condimentado con pemento, allo e aceite de oliva e embutido en tripa do porco. Curado de forma natural, ao aire durante un mínimo de 60 días.
Butelo artesán - Embutidos... Butelo artesán - Embutidos... 2
Out-of-Stock
Embutidos

Butelo artesán - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012002
19,99 €
O butelo ou botelo é un embutido tradicional da zona dos Ancares, elaborado de forma artesanal por Embutidos Suarna, seguindo a receita tradicional para conseguir un sabor auténtico. Carne de porco seleccionada pola súa calidade. Afumado con leña de carballo que lle aporta un sabor tradicional e auténtico. É un embutido que necesita ser cociñado para o...
Embutidos

Salchichón artesán - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012001
5,95 €
Salchichón artesán elaborado por Embutidos Suarna de forma tradicional, seguindo a receita de salchichón que se fai nas casas dos Ancares desde varias xeracións. A mellor carne de porco seleccionada. Un salchichón artesán con todo o sabor da tradición. Elaborado nun taller artesanal de embutidos.
Touciño - Embutidos Suarna Touciño - Embutidos Suarna 2
Últimos artigos en stock
Embutidos

Touciño - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012008
8,95 €
Touciño de porco en dous formatos diferentes de 500-600 g aprox e de 700-750g.
Chourizo fresco artesanal -... Chourizo fresco artesanal -... 2
Out-of-Stock
Embutidos

Chourizo fresco artesanal - Embutidos Suarna

Embutidos Suarna
11012011
12,00 €
1 paquete de 750 g aprox. Chourizos frescos elaborados nos Ancares de forma artesanal e con carne de porco de altísima calidade por Embutidos Suarna. Chourizos de elaboración artesanal. Categoría Extra, as mellores carnes de porco seleccionadas. Bolsa ao baleiro de 6 unidades aprox. 
Mostrando 1-8 do 8 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.