Lista de produtos da marca Proencia

Proencia

O viño dunha terra mítica

SOBRE NÓS

    O nome da adega, neste caso, di moito. Proencia chamábase a cidade romana que sempre se intuíu na parroquia de Proendos, en Sober, pero que só comezou a escavarse no 2020. O avó de Tomás Arias Fernández sempre dixera que era ese o verdadeiro nome do lugar. El xa elaboraba alí o viño cultivado nas cepas abeiradas ao río Sil nunha tradición que se remonta ao Imperio Romano, cando milleiros de olas cheas de viño partían da Ribeira Sacra á capital imperial pola Vía XIX.

    O neto quixo manter nomes e tradición, e saltou da produción caseira ao mercado. Proencia comezou a súa comercialización co amparo que supuxo o recoñecemento da Denominación de Orixe no ano 1997. A súa produción anual oscila dependendo da colleita, que sempre é da propia uva Mencía. Os viños de Proencia, dende o inicio baixo o asesoramento do enólogo Luis Buitrón, tamén levan colleitados numerosos recoñecementos.

    Nesta adega familiar saben que o sabor do viño complétase co coñecemento da terra. Por iso organizan catas guiadas na mesma viña situada na ribeira de Doade, a apenas dous quilómetros do embarcadoiro do río Sil. Alí, entre o arrecendo meloso da uz branca e o voo de milanos negros e garzas, sábese que o viño escala no padal a base de socalcos, e que a viticultura merece tamén esoutro nome: heroica.

OS NOSOS PRODUTOS

9,85 €
1 unidade de 75 cl. Descobre o viño Proencia Xove, un tinto con Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Elaborado con uvas 100% Mencía en viñedos de máis de 50 anos de idade. Gradación alcohólica 13,5% Vol. 1 botella de 75 cl. 
21,45 €
1 unidade de 75 cl. Descobre o viño Proencia Barrica, un tinto con Denominación de Orixe Ribeira Sacra repousado en barrica de carballo durante máis de 12 meses. Elaborado con uvas 100% Mencía en viñedos de máis de 50 anos de idade. Gradación alcohólica 13,5% Vol.
Viño Proencia Barrica, 2... Viño Proencia Barrica, 2... 2
Últimos artigos en stock
2 unidades de 75 cl presentados nunha caixa de madeira Descobre o viño Proencia Barrica, un tinto con Denominación de Orixe Ribeira Sacra repousado en barrica de carballo durante máis de 12 meses. Elaborado con uvas 100% Mencía en viñedos de máis de 50 anos de idade. Gradación alcohólica 13,5% Vol. Caixa de 2 botellas de 75 cl. cada unha.
Mostrando 1-3 do 3 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.