Céltico

Céltico

Unha cuestión de compromiso

SOBRe NóS

O compromiso define o carácter de Mario Rouco Rey. Iso foi o que levou a este mozo enxeñeiro agrónomo a innovar na tradición gandeira familiar cunha nova raza: o porco celta. No lugar do Seixo, na parroquia do Burgo do concello de Muras, ou o que é o mesmo, nun bosque de carballos, bidueiras e castiñeiros da serra do Xistral, sitúase a granxa O Castro de Sianda, onde preto de corenta crías de porco celta medran cada ano libres en catro hectáreas nas que completan a súa alimentación de cereais e produtos da horta con castañas, landras ou fentos. E fano amodo, coma as árbores que as rodean e coma todo o que ben se preza, nun ciclo que chega aos doce meses de vida.

Rouco é, por tanto, parte desa xeración de mozos que apostaron por asentarse no rural e tamén un dos criadores de porco celta que integran Asoporcel, a asociación que xestiona o patrimonio cultural e xenético da única raza porcina autóctona galega, aínda a día de hoxe en perigo de extinción. Ser criador de porco celta tamén significa traballar para a recuperación desta raza que a comezos do século XX era a predominante en Galicia, pero que foi minguando coa incorporación de outras introducidas para aforrar os tempos de cebado. Este porco rústico, favorito dos montes, case desapareceu nos anos 80, e só foi grazas á asociación que, a comezos do novo século, se impulsou a súa recuperación a partir dos exemplares que inda quedaban en distintas granxas familiares que os seguiron preferindo pola súa saborosa carne. A implicación na súa posta en valor que Rouco asume como gandeiro desta raza vencella a súa cría e desenvolvemento co Campus Terra da Usc, Ceteca ou Afinet.

No mes de febreiro de 2020, logo de cinco anos de andaina na granxa, Rouco deu un paso máis e comezou a elaborar os seus produtos de maneira totalmente artesanal baixo a marca Céltico. O sabor da carne e as súas propiedades nutricionais situárona como un produto de primeira calidade no mercado. O manexo en extensivo, cun silvopastoreo que axuda a previr incendios forestais e manter os valores da paisaxe, tamén situaron o porco celta como un produto con futuro para o medio rural. Ese que Rouco defende, pois isto é para el unha cuestión de compromiso.

OS NOSOS PRODUTOS

Porco celta

Cabeceiro de lombo de porco celta - Céltico

Céltico
11013006
7,65 €
A cabeza ou cabeceiro de lombo de porco celta é un embutido gourmet, rico en graxa infiltrada e de sabor intenso. Está elaborado por Céltico, criadores de porco celta de Muras, en A Terra Chá. Raza autóctona de Galicia, 100% Porco Celta. ASOPORCEL. Animais criados en semiextensivo e alimentados de forma natural. Envío envasado ao baleiro.
Codillo de porco celta... Codillo de porco celta... 2
Out-of-Stock
Porco celta

Codillo de porco celta salado - Céltico

Céltico
11013011
6,65 €
1 unidade de 1,6Kg Codillo de porco celta, salgado e curado seguindo técnicas tradicionais por Céltico, un produtor de porco celta da Terra Chá. 100% porco celta raza autóctona. Certificado por ASOPORCEL. Procedente de animais criados de forma tradicional. Envasado ao baleiro, para que o conserves máis tempo.
Porco celta

Lombo de cana de porco celta - Céltico

Céltico
11013005
5,50 €
Cana de lombo de porco celta elaborado por Céltico na comarca da Terra Chá. 100% Porco Celta, certificado por ASOPORCEL. Animais criados e alimentados en liberdade nos bosques de Lugo. Envío en bolsa hermética, envasado ao baleiro.
Porco celta

Chourizo curado de porco celta - Céltico

Céltico
11013001
6,00 €
Chourizo curado de porco celta, elaborado de forma artesanal, con carne de gran calidade, procedente de porcos criados en semiextensivo por Céltico nos bosques de Muras. Certificado por ASOPORCEL como 100% porco celta. Procedencia de porcos alimentados de forma natural. Envío envasado ao baleiro.
4,70 €
Touciño de porco celta, procedente de porcos criados nos bosques da provincia de Lugo por Céltico. 100% pura raza autóctona porco celta. ASOPORCEL. Porcos alimentados de forma natural. Envasado ao baleiro.
Porco celta

Unto de porco celta - Céltico

Céltico
11013004
2,55 €
O aroma da tradición e das receitas de antano. O unto de porco celta é a graxa que recubre o intestino e tamén é o secreto de moitas receitas galegas. 100% Porco Celta, elaborado por Céltico e certificado por ASOPORCEL. Procedencia de porcos criados e alimentados nos bosques de Lugo. Envío envasado ao baleiro.
Porco celta

Salchichón de poldro e porco celta - Céltico

Céltico
11013003
6,75 €
Un salchichón gourmet elaborado por Céltico con carne de poldro e de porco celta. Un produto artesanal elaborado con carne de dúas razas autóctonas galegas. 80% magro de poldro galego e 20% touciño de porco celta. Elaboración e curación artesanal. Envío envasado ao baleiro.
Porco celta

Lacón de porco celta salado - Céltico

Céltico
11013002
4,50 €
1 unidade 1,6Kg Lacón de porco celta, salgado e curado seguindo técnicas tradicionais por Céltico, un produtor de porco celta da Terra Chá. 100% porco celta raza autóctona. Certificado por ASOPORCEL. Procedente de animais criados de forma tradicional. Envasado ao baleiro, para que o conserves máis tempo.
visto %desde%-%a% do 11 temas
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.