Lista de produtos da marca Arqueixal

Os mellores queixos da Demoninación de Orixe Arzúa-Ulloa

Arqueixal

O futuro da tradición

SOBRE NÓS

    Xosé Luís Carreira Valín confesa que a súa foi a sorte de saber escoitarse e actuar en consecuencia, ou o que é o mesmo, a de ficar na súa terra cando os mozos e mozas da súa idade buscaban o futuro fóra. Moitos cuestionaron a súa decisión, pero o tempo púxose do seu lado, o lado no que pasado e futuro converxen. Daquela decisión naceu Arqueixal, un proxecto que cumpre 30 anos dando pasos sempre pioneiros para manter viva a tradición na parroquia palense de Santiago de Albá.

   O primeiro obxectivo de Arqueixal foi recuperar o queixo que hoxe coñecemos amparado pola Denominación de Arzúa-Ulloa —cuxo Consello Regulador preside o mesmo Carreira—, e que, sen o impulso das primeiras queixarías como a súa nos anos 90, estaría limitado á produción caseira e condenado a desaparecer. Pioneiros na reconversión a ecolóxico, a aposta por este tipo de produción permitiulles comercializar tamén o iogur e o leite cun prezo que recoñecese a calidade do produto.

     Esa calidade aséntanse na sustentabilidade coa que conciben a súa granxa, máis emparentada coa comuñón coa terra e coa cultura campesiña tradicional que co crecemento expoñencial. Unha filosofía a partir da cal Carreira fala de “minifundio en positivo”, ese que, alén da maior dificultade no manexo do gando, valora a partitura de árbores, valados e prados dunha paisaxe moito máis biodiversa cá do monocultivo. Do mesmo xeito, o número de vacas que pacen na granxa mantense dende hai varios anos en 35, pero o proxecto diversificouse en distintas facetas que non fan senón completalo.

    Arqueixal foi tamén unha iniciativa precursora no agroturismo en Galicia. Consciente de que moitas casas rurais só ofrecían unha experiencia parcial do territorio, recuperou varias edificacións próximas á granxa e rehabilitounas cos criterios da bioconstrución para proporcionarlles aos visitantes unha visión integral da paisaxe. Non só ofrecer aloxamento, senón experiencias: ser pastor por un día, esfollar o millo, muxir as vacas ou elaborar o queixo. Co festival que Carreira impulsou coa asociación de veciños, Son d´Aldea, quere que moitos escoiten o que el soubo escoitar hai trinta anos: a autoestima de ser de aldea. Rachar co pasado é algo que, para el, estamos pagando. O pasado é necesario para comprender o futuro. E aquí está vivo e activo: no leite, nos queixos, no iogur, en Santiago de Albá.

Os nosos produtos

12,00 €
Este queixo cremoso de pasta branda elabórase con leite enteiro ecolóxico de vaca e seguindo un proceso artesanal. Peso medio por unidade: 800 gramos. Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. Produción ecolóxica. O queixo cremoso Arqueixal envíase os xoves, chegando ó seu domicilio os venres.
13,00 €
Un queixo galego curado elaborado con leite ecolóxico de vacas que pastan en liberdade. Madurado durante un mínimo de 6 meses. Denominación de Orixe Protexida Arzúa – Ulloa. Produción ecolóxica. Peso medio por unidade aprox. 600 gramos.
Lácteos e queixos

Iogur natural ecolóxico - Arqueixal

Arqueixal
13002001
4,00 €
Un iogur natural elaborado con leite ecolóxico de vaca, sen conservantes nin colorantes , elaborado na Granxa Arqueixal. 100 % natural, elaborado con leite ecolóxico galego. Certificación CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia). En envase de vidro, para coidar do medio ambiente. O iogur natural Arqueixal envíase os xoves,...
Mostrando 1-3 do 3 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.