Lista de produtos da marca Colmo cervexa

Colmo

Colmo, a cervexa artesanal de Os Ancares

SOBRE Nós

     Colmo Ancares Rye IPA, a primeira cervexa elaborada con centeo e mel dos Ancares, é un proxecto circular e social que vai máis alá de unha cervexa.

   Propuxémonos transformar este rústico cereal de gran importancia en épocas pasadas para a alimentación e teitado das vivendas nestas zonas da alta montaña,  nunha cervexa identificada co territorio, deliciosa e única debido á pureza e á orixe dos seus compoñentes. Proxecto que nace coa finalidade de promover o cultivo do centeo e toda a cultura que o rodea, colaborando de maneira activa na recuperación de tellados e outras artes relacionadas con este cereal.

    IPA elaborada coa nosa propia malta de centeo, un centeo autóctono dos Ancares, colleitado e malteado de maneira tradicional, amargor medio-alto, suave con notas de resina e froita tropical, cun aroma moi fresco e cítrico polo seu equilibrado xogo de lúpulos (Chinook, El dorado, Mandarina Bavaria) e un lixeiro toque a mel da montaña.

DESTACADOS

NUESTROS PRODUCTOS

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.