Lista de produtos da marca Milhulloa

Milhulloa

As mil e unha herbas da Ulloa

SOBRE NÓS

    Cando Chusa Expósito, Carmela Valiño e Anxos Orgueira quixeron poñer nome ao seu proxecto, elixiron o da herba que máis abondaba de xeito natural na súa finca do lugar do Coto en Palas de Rei: a milfollas, aquilea ou herba do carpinteiro. Era o ano 2001, e a súa a primeira iniciativa de cultivo ecolóxico certificado de plantas medicinais e aromáticas en Galicia. Dende o inicio, estas pioneiras compaxinaron a súa formación en bioloxía e farmacia cos saberes tradicionais da súa comarca. Ademais contaron co asesoramento do departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela, á que tamén serven como exemplo de aproveitamento sostible do territorio, e traballaron co Centro de Investigación Forestal Lourizán.

    Así, a milfollas abriu espazo a moitas outras herbas: artemisa, caléndula, fiúncho, chantaxe, hortelá, macela, melisa, menta, tomiño, ourego ou salvia agromaron en sementeiras para medrar na terra, nun proceso do comezo a fin nas súas mans, do cultivo á cámara de secado. Un pouquiño da Ulloa infusionada en cada cunca, ora para durmir mellor, ora para un arrefriado, esa é a idea! Ou tamén maceradas en aceite para nutrir a nosa pel con distintos oleatos, bos algúns para as pernas cansas, outros para a dor de cabeza, e todos perfectos compañeiros das augas do balneario de Pambre —onde son produto de cabeceira—, e do puro pracer, que tamén conta.

   Con esa vontade de innovación que lles valeu varios recoñecementos (entre eles o Premio de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales do Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino), no ano 2003 comezaron a deshidratar a hortaliza do país por excelencia, o grelo, especial para facer envíos e así curar a morriña dos milleiros de galegos espallados polo mundo.

OS NOSOS PRODUTOS

Especias Ecolóxicas -... Especias Ecolóxicas -... 2
Produto dispoñible con diferentes opcións
Especias, herbolario e infusións

Especias Ecolóxicas - Milhulloa

Milhulloa
18003004
3,15 €
Condimentos vexetais aromáticos. Certificación ecolóxica. Tarros especieiros de vidrio. Usa o selector para engadir a especia desexada ao carriño.
Infusións ecolóxicas -... Infusións ecolóxicas -... 2
Últimos artigos en stock
Especias, herbolario e infusións

Infusións ecolóxicas - Milhulloa

Milhulloa
18003003
3,45 €
Unha selección de herbas aromáticas cultivadas, colleitadas, deshidratadas e envasadas na Comarca do Ulloa seguindo procesos artesanais. Certificación ecolóxica. Variedades autóctonas. Usa o selector para engadir a especia desexada ao carriño.
Horta

Grelo deshidratado - Milhulloa

Milhulloa
15003001
6,00 €
Grelo deshidratado de produción ecolóxica. Unha forma de engadir grelos á túa dieta e ás túas receitas, independentemente da tempada. Colleitados e deshidratados na época óptima de consumo. Certificación ecolóxica do CRAEGA. Envase de 60 gramos de grelos deshidratados, que equivale a 500 gramos de grelos frescos.
Tés ecolóxicos - Milhulloa Tés ecolóxicos - Milhulloa 2
Produto dispoñible con diferentes opcións
Especias, herbolario e infusións

Tés ecolóxicos - Milhulloa

Milhulloa
18003001
5,95 €
Esta é unha selección de tés ecolóxicos de Milhulloa. Das follas da Camelia Sinensis e da mestura con diferentes plantas medicinais e especias, obtéñense os diferentes tipos de tés. Realizados no contexto dun proceso de cultivo, recolección e embalaxe 100 % ecolóxicos. Deshidratados en cámara de secado para que conserven todas as súas propiedades. Usa o...
Mostrando 1-6 do 6 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.