Lista de produtos da marca Novomar

Novomar

O peixe, con nome e apelidos

SOBRE NÓS

    O porto de Celeiro e a pescada do pincho son inseperables, igual ca o son, dun lado a outro da ría, o Fuciño do Porco e o Monte Faro. A empresa Novomar, liderada por Fernando Bouza, atende dende o 1999 as necesidades da súa frota, o que pasa por facer chegar este produto, que no 2018 recibiu o Premio Alimentos de España outorgado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ás mellores peixerías da Península.

    Se a pescada do pincho constitúe preto do 90% do negocio en Novomar, a empresa é tamén a única que marca unha pequena porcentaxe deste pescado co selo de Galicia Calidade, unha certificación outorgada pola Xunta en 2002 na que a pescada de Celeiro foi pioneira como produto de mar. Neste caso, cada peixe ten nome e apelido, con datos do barco que o pescou e das datas da captura e da poxa. A trazabilidade é total e o sabor que chega á mesa, excelente.

    Ademais, toda a pescada do pincho do porto de Celeiro está amparada pola certificación de Friend of the Sea, que é garante dun produto sostible, responsable e coidadoso co mar. Por iso, a frota pesca de noite e a unha profundidade de 300 ou 500 metros para non molestar as aves mariñas, ou lanza os seus sedais en caladoiros non explotados do Gran Sol.

    Para Fernando Bouza, o seu traballo é coma un acordeón, que sopra e se reparte cando todo o mundo dorme na lonxa mariñá. Un acordeón de mar, que é festa para as xentes da zona. A celebración que exalta a pescada do pincho ten a consideración de Festa de Interese Turístico Galego. Ela é a estrela dos mares, a que leva como nome Celeiro, a que ten apelido propio.

OS NOSOS PRODUTOS

Pescada do pincho - Novomar Pescada do pincho - Novomar 2
Out-of-Stock
Peixe e mariscos

Pescada do pincho - Novomar

Novomar
12005001
13,70 €
Esta pescada ou merluza do pincho galega, é capturada de forma artesanal con anzol. Envíase directamente dende o Porto de Celeiro, en Viveiro. Un peixe de carne firme, cunha textura e sabor exquisitos. Usa o selector para indicar como queres que a preparemos. Envío en embalaxe especial, cuberta con capa de xeo, en transporte refrixerado.
Mostrando 1-1 do 1 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.