Lista de produtos da marca Panadería Fraga

panadería fraga

O pan de sempre

SOBRE NÓS

    Guadalupe Gómez Franco lembra, de pequena, ir cos seus avós sementar o trigo no Cordal de Ousá. Lembra tamén segalo, atalo en mollos, xogar coas medas e, sobre todo, o día da malla: a festa de estender o cereal na eira da casa, a algarabía de axudárense entre os veciños e, tamén, o xeito de coidar do trigo, de lavalo e gardalo nas tullas e levalo a moer.

    Os tempos mudaron, pero os ingredientes son os mesmos, e tamén o amor polo oficio. Na Panadería Fraga de Palas de Rei, que rexenta dende o ano 1995, o pan faise á maneira dos seus avós, e niso reside o segredo: boa fariña, auga branda, formento e sal. Igual que facían eles, a diario elabora dúas variedades, co 75% ou o 25% de fariña do país, e o outro tanto de fariña de Castela. A primeira, que nos últimos cinco anos recuperouse despois de vivir unha época crítica, é húmida como a terra na que medra, máis densa cá castelá. Esta segunda, máis forte, produce un aumento maior na masa e fai que a miga sexa máis fina. O truco tamén está, coma en tantas outras cousas, no tempo de espera, na fermentación lenta de tres horas, ou catro e pico cando vai frío.

    Nada máis afastado da monotonía que esta coreografía diaria de ingredientes, pausas e medidas xustas para que o pan chegue fresco ao novo día. Guadalupe Fraga lembra que, dende o momento en que a masa entra en contacto co fermento, traballa cun produto vivo, sensible aos cambios, ás temperaturas, ás estacións, como calquera panadería artesá como a súa. Para ela, nin sequera traballar pola noite é un problema. Cando non hai redes sociais nin chamadas, o traballo reclama toda a atención do mundo, no mellor dos sentidos. Esa é tamén a súa maxia: cando todos dormen, a panadería sempre ten ollos abertos.

    Ademais das variedades diarias, a Panadería Fraga tamén fai, a petición dos clientes, pan de centeo ou de espelta. Nos seus despachos de Palas e de Lugo ofrece empanadas de produtos autóctonos, e algo de repostería: o brazo de xitano ou o biscoito son as súas especialidades. Nestes dous lugares é onde están a meirande parte dos seus clientes, inda que tamén en Madrid, Bilbao e Barcelona hai quen consome o seu pan. Despois de probalo, é difícil non facelo.

OS NOSOS PRODUTOS

Pan e empanadas

Empanada galega de atún - Panadería Fraga

Panadería Fraga
17007005
25,30 €
1 unidade de 800g-900g aprox. Empanada galega de atún, elaborada seguindo a receita tradicional na Panadería Fraga de Palas de Rei. Ingredientes de calidade, sen conservantes nin aditivos. Envío en embalaxe especial para que che chegue nunhas condicións óptimas. Podes consumila en frío ou quentala uns minutos no forno.
Pan e empanadas

Empanada galega de liscos - Panadería Fraga

Panadería Fraga
17007004
25,30 €
1 unidade de 800g-900g aprox. Empanada galega de liscos (touciño entrefebrado e chourizo), elaborada seguindo a receita tradicional da Panadería Fraga de Palas de Rei. Sen conservantes nin aditivos. Elaboración artesanal. Enviada recén feita, para que desfrutes de todo o seu sabor. Consumir en frío ou quentala durante uns minutos no forno.
Pan e empanadas

Empanada galega de tenreira - Panadería Fraga

Panadería Fraga
17007003
25,30 €
1 unidade de 800g-900g aprox. Empanada galega de carne de tenreira, elaborada no forno tradicional da Panadería Fraga de Palas de Rei. Elaborada de forma artesanal, con ingredientes de calidade. Desfrútaa na túa casa con todo o sabor dunha empanada recén feita. Pode consumirse en frío ou cun golpe de calor do forno.
Pan e empanadas

Empanada galega de mexillóns - Panadería Fraga

Panadería Fraga
17007002
25,30 €
1 unidade de 800g-900g aprox. Empanada galega de mexillóns, elaborada pola Panadería Fraga, seguindo a receita das empanadas tradicionais no seu obradoiro de Palas de Rei. Elaboración artesanal, sen conservantes nin aditivos. Todo o sabor dunha empanada recén feita, recíbea na túa casa en poucas horas. Pode consumirse en frío e tamén quentala no forno...
Pan e empanadas

Pan de trigo autóctono galego - Panadería Fraga

Panadería Fraga
17007001
6,88 €
Pan tradicional de fariña de trigo autóctono. Elaborado no forno tradicional da Panadería Fraga de Palas de Rei. Enviamos o pan recén feito e nunhas horas está no teu domicilio. Elaboración tradicional, con todo o sabor do pan de verdade. Utiliza o selector para indicar se queres unha hogaza de 500 gramos ou 1 kg.
Mostrando 1-5 do 5 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.